Noticias
A Federación Alzhéimer Galicia falla os premios da primeira edición do concurso NEUROMETRAXES
O premio entregouse na Gala de Aniversario da federación que tivo lugar o pasado 16 de setembro.
30/09/2023 | Santiago de Compostela
A primeira edición do concurso de curtas Neurometraxes contou con dúas gañadoras.
Co motivo do 25 aniversario da Federación Alzhéimer Galicia, lanzouse o Concurso de curtas Neurometraxes, unha oportunidade para dar cabida aos creadores audiovisuales que quixeran participar nesta celebración.
No primeiro lugar, Rosa María Taboada Rey ca súa curta Memoria, unha creación audiovisual que trata de poñer en imaxes a sensación de soidade, desorientación e inquedanza interior que experimenta unha persoa doente e os seus familiares.
No segundo lugar, Cristina Varela Ugarte e Bruno Ramos Domínguez, coa curta O amor que non esquece, amosa o avance do alzhéimer co paso do tempo contando a historia dunha avoa e a súa neta.
os premios están gratificados con 1.500 e 500 € respectivamente
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 01
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia