Noticias
Asamblea Xeral de socias e socios de AFABER 2024
A asemblea aprobou as contas e a memoria de actividades do ano anterior
22/05/2024 | Carballo
A asemblea aprobou o balance económico do ano 2023, cun balance xeral da entidade positivo e a memoria das actividades realizadas no 2023 do que se salienta:
Dirixiadas a persoas afectadas por unha demencia realizadas destacan:
- Servizo de transporte adaptado: 25 persoas usuarias con rutas polos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco e Malpica.
- Programa de estimulación a persoas afectadas por unha demencia: 53 persoas usuarias durante o ano 2023. De luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.
- Servizo de psicoloxía: 5 familias usuarias.
- Servizo de fisioterapia: 2 persoas.
- Servizo de logopedía: 0 persoas.
Dirixidas a familiares e coidadores principais destacan:
- Grupos de apoio: 13 persoas usuarias. Realizáronse mensualmente os primeiros mércores de mes en Carballo durante todo o anos agás en xullo e agosto.
- Escola de familias: 10 persoas usuarias. Realizáronse nos meses de outubro, novembro e decembro.
- Curso autocoidado para mulleres coidadoras: 11 persoas asistentes, durante o mes de setembro e novembro no concello de carballo.
Das actividades dirixidas á poboación xeral no marco da prevención e do envellecemento activo destacan
- Talleres de memoria a través do concello de Cabana de Bergantiños: 6 talleres, cun total de 96 asistentes.
- Talleres de memoria a través do concello de Carballo: 9 talleres, cun total de 143 asistentes.
- Taller de memoria a través da asociación veciñal Santa Mª de Traba (Coristanco), cun total de 22 asistentes.
- Talleres de móbiles a través do concello de Cabana: 2 taller, cun total de 30 asistentes.
- Taller de ximnasia de mantemento a través de AFABER no Pazo da Cultura, asistiron un total de 5 persoas.
- Talleres de nova tecnoloxías a través de AFABER na sede, asistiron un total de 12 persoas.
Das actividades dirixidas á poboación xeral no marco sensibilización e concienciación destacan:
- Campaña Día Mundial Alzhéimer: coa iluminación dos edificios públicos de todos os concellos de Bergantiños; mesa informativa o 21 de setembro na praza do concello de Carballo e a xornada de portas abertas para presentar a nova ubicación da sede de AFABER en Bertoa.
- Participación no Obradoiro de emprego Carballo Coida coa impartición dun módulo formativo especializado en alzhéimer.
- Convenio de prácticas de alumnado do Obradoiro de emprego do Concello de Carballo “Carballo Dual”, e as empresas de formación Ilerna e Forbe.
- Asistencia ás Xornadas Formativas de FAGAL.
- Asistencia á Gala 25 aniversario organizada por FAGAL.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFABER