Recoñecementos

Co fin de visibilizar a labor da Federación Alzhéimer Galicia e as asociacións membro, e seguindo coa liña de actuación da incidencia social, participamos en diferentes foros, congresos, xornadas... expoñendo os nosos traballos. Estes son os recoñecementos acadados ata o momento:

 

PREMIO CONGRESO SOGALCA

Premio á mellor comunicación oral no VI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial, pola ponencia "Red Paraguas: O éxito da participación do sector asociativo, as entidades locais e as familias de persoas con alzhéimer".

 

PREMIO SANITARIA 2000

Premio na Categoría "Asociacións de Pacientes" na II Edición dos Premios á Sanidade de Galicia, outorgados pola editorial Sanitaria 2000.

 

PREMIO ALBERT JOVELL

Primeiro Premio na Categoría "Formación dirixida a pacientes e/ou familiares desenvolvida por asociacións de pacientes, ONG ou fundacións do ámbito da saúde" polo Programa Red Paraguas Alzhéimer, posto en marcha xunto ca Fundación Barrié.

 

PREMIO BOAS PRÁCTICAS NO TRABALLO SOCIAL

Premio de boas prácticas ó programa Rede Paraugas Alzhéimer. Otorgado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 2017.

 

PREMIO AGADER

Terceiro Premio para o Programa Red Paraguas Alzhéimer, na VIII Edición dos Premios AGADER ás iniciativas de desenvolvemento rural.

 

PREMIO CIUDADANOS

Premio Ciudadanos para  o Programa Red Paraguas Alzhéimer por facilitar formación de calidade a persoas coidadoras e familiares de persoas con alzhéimer no rural galego na XXI Edición destes premios.

 

GALISENIOR 2018

Participación nas Xornadas Técncias Profesionais de Galisenior no XI Salón Internacional das Persoas Maiores realizado en Ourense o 9 e 10 de maio de 2018.

 

PREMIO XXX CONGRESO INTERNACIONAL DE GERONTOLOGÍA Y GERIATRÍA

Premio á mellor comunicación oral otorgado pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría na categoría de Comunicacións Sociais ó programa "Xuntos nos Coidados". Celebrado na Sede Afundación en Vigo o 1 e 2 de xullo do 2018.

 

RECONOCIMIENTO XX CONGRESO NACIONAL DE VOLUNTARIADO

Recoñecemento pola traxectoria na acción voluntaria da Federación Alzhéimer Galicia, promovendo e favorecendo o voluntariado. Otorgado en Ourense o 28 de novembro de 2018.



FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia
https://fagal.org/
https://fagal.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=20