Por que doar?

A Federación Alzhéimer Galicia naceu no ano 1998 cun obxectivo claro, axuntar forzas entre todas as asociacións existentes en Galicia ata o  mometo para conseguir máis e mellores recursos, máis investigación para a procura de orixe e futuros tratamentos do alzhéimer e outras demencias  neurodegenerativas e, para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con alzhéimer como das súas familias.

A día de hoxe a Federación Alzhéimer Galicia é a entidade de referencia a nivel galego e tamén estatal en atención ás demencias. O ser unha  entiadad consolidada, forte e cunha experiencia de 20 anos, permítenos  realziar un labor fundamental de incidencia social e política que posibilite a creación de medidas e a posta en marcha de recursos por parte das  adminsitraciones públicas, pero en ocasións isto non é suficiente.

Para que poidas facerche unha idea o custo medio por ano xerado por unha persoa con alzhéimer ou outra demencia  neurodegenrativa en fases avanzadas ascende a 20.000€. Indubidablemente isto supón un impacto importante na economía de calquera familia, situándoa nunha posición de risco de exclusión social.

Durante estes anos o traballo da Federación Alzhéimer Galicia tamén se enfocou nunha área fundamental: a sensibilización. Co obxectivo de visibilizar e concienciar á poboación sobre o alzhéimer e facilitar formación e información tanto a familiares como ás xeracións máis novas. Tendo presente que no caso dunha enfermidade que, a pesar de anos de  investigacion descoñécese a súa orixe e tamén o seu cura, é fundamental educador na prevención.

Nos alicerces que sustentan  FAGAL o máis importante son as persoas, e abrigo, o valor do traballo en equipo. Ahora necesitámosche a ti! Grazas á túa achega podemos manter os proxectos (link a proxectos) que xa están marcha e crear outros novos.

Ademais se doas, tes a posibilidade de acollerche a unha dedución fiscal.

Se es unha persoa física:

75%        primeiros 150€ 

30%        despois dos  primeiros 150€

35%        se nos dous períodos anteriores doaches a mesma ou maior cantidade.

Se es unha persoa xurídica:

35 % se nos dous períodos anteriores doaches a mesma ou maior cantidade.

Por que  transformar o mundo faise gran  a gran, DOA!

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"

Eduardo  Galeano

 



FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia
https://fagal.org/
https://fagal.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=270