Se es unha empresa comprometida coa sociedade, que quere contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias isto pódeche interesar.
A través dos proxectos de Responsabilidade Social Corporativa ( RSC) podes colaborar para que a Federación Alzhéimer Galicia consiga máis recursos que melloren a atención ás persoas con alzhéimer e as súas familias.
Os beneficios que obtés colaborando cun proxecto de RSC son múltiples. Por unha banda, a visibilidade entre nuestas entidades socias, organismos públicos e colaborades.A través da nosa comunicación externo con diferentes medios de comunicación.
Ademais, poderás beneficiarche dunha dedución fiscal. Cada ano, a túa empresa recibirá o Certificado Fiscal coas achegas realizadas e poderá deducirse ata o 35% na cota íntegra do imposto de Sociedades, cun límite do 10% de base impoñible.
Se es autónomo, a porcentaxe de dedución fiscal é de ata o 25% do IRPF das túas achegas.
Na columna da dereita podas ver algúns dos proxectos de RSC que outras empresas realizaron connosco.
GRAZAS POLO TEU COMPROMISO PARA LOGRAR UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA!