Terapias non farmacolóxicas

Enténdese por Terapias Non Farmacolóxicas (TNF) “Calquera intervención non química, teoricamente sustentada, focalizada e replicable, realizada sobre o paciente ou coidador e potencialmente capaz de obter un beneficio relevante”. (Olazaránetal., 2010).

Tamén coñecidas como Intervencións Psicosociais, o seu uso en demencias esténdese ante a ausencia de tratamentos farmacolóxicos eficaces. Este tipo de intervencións buscan aliviar os síntomas e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias.

As investigacións demostraron que as intervencións psicosociais poden ser tan efectivas ou incluso máis nalgúns casos, como o uso de fármacos para mellorar a calidade de vida das persoas con demencia e dos seus coidadores e para o tratamento de algúns dos principais síntomas desta enfermidade.

Algunhas das terapias non farmacolóxicas utilizadas con persoas con algunha demencia son:

  • Actividades da Vida Diaria
  • Danza Creativa Terapéutica
  • Estimulación psicomotriz
  • Estimulación Sensorial Snoezelen
  • Intervención Asistida con Cans
  • Laborterapia
  • Musicoterapia
  • PACID
  • PRO e PAO
  • Programa de Atención Integral
  • Programa GRADIOR
  • Psicoestimulación cognitiva
  • Rehabilitación Funcional do Membro Superior
  • Reminiscencia
  •  Risoterapia
  •  Roboterapia
  • Terapia Orientación á Realidade
  •  Wii Terapia
Aquí podes ver as terapias non farmacolóxicas que levan a cabo as nosas asociacións.