Enténdese por Terapias Non Farmacolóxicas (TNF) “Calquera intervención non química, teoricamente sustentada, focalizada e replicable, realizada sobre o paciente ou coidador e potencialmente capaz de obter un beneficio relevante”. (Olazaránetal., 2010).
Tamén coñecidas como Intervencións Psicosociais, o seu uso en demencias esténdese ante a ausencia de tratamentos farmacolóxicos eficaces. Este tipo de intervencións buscan aliviar os síntomas e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias.
As investigacións demostraron que as intervencións psicosociais poden ser tan efectivas ou incluso máis nalgúns casos, como o uso de fármacos para mellorar a calidade de vida das persoas con demencia e dos seus coidadores e para o tratamento de algúns dos principais síntomas desta enfermidade.
Algunhas das terapias non farmacolóxicas utilizadas con persoas con algunha demencia son:
- Actividades da Vida Diaria
- Danza Creativa Terapéutica
- Estimulación psicomotriz
- Estimulación Sensorial Snoezelen
- Intervención Asistida con Cans
- Laborterapia
- Musicoterapia
- PACID
- PRO e PAO
- Programa de Atención Integral
- Programa GRADIOR
- Psicoestimulación cognitiva
- Rehabilitación Funcional do Membro Superior
- Reminiscencia
- Risoterapia
- Roboterapia
- Terapia Orientación á Realidade
- Wii Terapia