Atención ás asociacións

A razón de ser da Federación Alzhéimer Galicia son as asociacións membro polo que gran parte da labor que realiza FAGAL está destinada a elas.

As accións encamiñadas á atención das asociacións son as seguintes:

  • Representación e portavocía do conxunto das asociacións de alzhéimer de Galicia, nas cuestión que sexan de competencia federada.

  • Asesoramente e axuda nos temas vinculados coa federación.

  • Difusión e promoción das actividades realizadas polas asociacións co fin de dar visibilidade.

  • Coordinación para a elaboración de proxectos e posterior posta en marcha.

  • Desenvolvemento asociativo que permita estimular e crecer as asociacións.

  • Incidencia social que permita mellorar os recursos e as axudas para que as asociacións poidan desempeñar a súa actividade.

  • Creación de grupos de traballo que favorezan o intercambio de experiencias e o crecemento como profesionais do sector.

  • Formación para profesionais que favoreza a reciclaxe e calidade da atención ás persoas afectadas.