Xestión do coñecemento

Desde a Federación Alzhéimer Galicia contemplase a xestión do coñecemento como unha liña imprescindible para o avance científico e mellora da calidade de atención por parte das persoas profesionais do ámbito das demencias. Por esta razón levanse a cabo as aseguintes accións:

  • Formación específica para profesionais

  • Promoción e mantemento de grupos de traballo

  • Promoción e mantemento de grupos de investigación.

  • Creación de materiais (manuais, guía de boas prácticas, informes) que permitan orientar tanto a profesionais como a familiares o mesmo tempo que informar da realidade das demencias na nosa contorna.

  • Creación de un Software para a xestión interna (asociacións e federación) de información de relevancia para a elaboración de estatísticas fiables sobre a realidade das demencias na xeografía galega.

  • Divulgación: mediante publicacións, partipación activa en estudos, asistencia a congresos e xornadas...