Outras enfermidades que provocan demencia

Enfermidade de Parkinson:

A demencia asociada a enfermidade de Parkinson é un deterioro no pensamento e nas funcións de razoamento de persoas que foron diagnosticadas coa enfermidade de Parkinson. Na actualidade as persoas afectadas oscilan entre o 24 e o 31% do total das persoas diagnosticadas de Parkinson (Aarsland, Zaccai, & Brayne, 2005).

Para que esta sexa diagnosticada como tal os síntomas de demencia deben aparecer despois dun ano e ata cinco anos despois do diagnóstico da enfermidade. A diferenza da demencia por Alzhéimer, a demencia por enfermidade de Parkinson predomina o deterioro da atención, das habilidades para procesar a información visual e as funcións executivas, e dicir, dificultades para regular comportamento e establecer un plan para o día a día.

Creutzfeld-Jacob:

É un trastorno cerebral hereditario e dexenerativo pouco común. Os síntomas soen comezar o redor dos 60 anos de idade. Os máis comúns son demencia, cambios na conduta, problema coa vista e mala coordinación muscular. Ademais pode presentar rixidez  e tremores.

Demencias por infeccións:

  • Complexo demencias-SIDA
  • Encefalopatía progresiva
  • Criptococose
  • Neurolúes
  • Encefalite herpética
  • Enfermidade de Lyme