Diagnóstico

Cando algunha persoa da contorna familiar detecta algún dos sinais de alarma debe contrastar os déficits observados con outras persoas da familia e consultar co persoal médico de atención primaria. Ó longo do proceso diagnóstico é recomendable observar as reaccións e actitudes da persoa afectada e solicitar información, asesoramento e axuda. En ocasións ocorre que durante unha consulta de atención primaria xa poden detectarse sinais sospeitosas. Nese momento o persoal médico indicará se e convinte realizar un estudo diagnóstico con maior profundidade.

O diagnóstico precoz é especialmente importante porque permite detectar e tratar posibles demencias reversibles. Nas primeiras fases os tratamentos contra o deterioro cognitivo son máis eficaces, favorecendo o retardo do desenvolvemento da enfermidade, e posibilitando a planificación da familia en canto a súa vida e a vida da persoa con demencia.

É importante mencionar, que o diagnóstico de demencia ten que ser realizado por persoal médico especialista.