Fases

Estadio Leve

O dano da enfermidade aínda pasa desapercibido, tanto para la persona afectada coma para os familiares. Comeza esquecéndose pequenas cousas, como onde se puxeron as chaves, ou se ten algunha dificultade para atopar unha palabra. Nesta etapa aínda se pode traballar ou conducir un coche, aínda que é posible que se comece a experimentar falta de espontaneidade ou de iniciativa e a mostrar certos signos depresivos. A capacidade de xuízo redúcese e aparece dificultade para resolver novas situacións e organizar actividades. Poden aparecer signos de apatía e illamento e cambios de humor.

Estadio Moderado

A enfermidade xa resulta evidente para familia e persoas achegadas. Aparecen dificultades para efectuar tarefas como facer a compra, seguir un programa de televisión, ou planear unha cea. Xa non é só unha perda de memoria, senón tamén de capacidade de razoamento e comprensión. Nesta etapa, a deterioración avanza con bastante rapidez e os afectados poden chegar a perderse en lugares familiares. Ademais son síntomas habituais a apatía e a depreseión.

Estadio Grave

Todas as áreas relacionadas coa función cognitiva do paciente se atopan afectadas. Se perde a capacidade para falar correctamente, ou repite frases inconexas unha e outra vez. Presenta dificultades para recoñecer ós seus familiares e amistades. A desorientación é constante. Ós pacientes máis graves esquéceselles andar e sentar e, en xeral, perden o control sobre as súas funcións orgánicas. Esquécense de feitos recentes e remotos. Nesta aetapa é común a axitación, imsomnio, mutismo e inmobilidade.

 

É aconsellable acudir a centros especializados  onde se realicen terapias non farmacolóxicas que axuden a preservar as capacidades aún sas da persoa. Para elo a Federación e as asociacións mimbro poñemos a disposición das familias diferentes programas que respondan a este fin.