FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Señas de identidade

Misión

A misión da Federación Alzhéimer Galicia é mellorar a calidade de vida das persoas que sofren alzhéimer e outras demencias e das persoas coidadoras. Para iso a Federación traballa en fortalecer ás Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer e Outras Demencias ( AFAS) galegas e colaborar para xerar cambios na sociedade a favor destas persoas e as súas familias.

Visión

A Federación Alzhéimer Galicia quere ser unha organización referente, forte, unida e aberta a todas as necesidades das persoas con alzhéimer e outras demencias e as persoas coidadoras para dar unha resposta integral e próxima. Tamén quere impulsar a creación de recursos e o desenvolvemento da investigación clínica e social.

Valores

Solidaridade: Desde a Federación Alzhéimer Galicia axúdase tanto a persoa usuaria como a súa familia a través de cursos de formación, información e sensibilización así como mediante o acompañamento e o voluntariado nas diferentes asociacións.

Compromiso social: Desde a Federación promovemos a comprensión da enfermidade e buscamos a implicación de toda a sociedade na loita contra esta.

Dignidade das personas: A Federación Alzhéimer Galicia busca a dignidade das persoas con demencia e das súas familias, evitando o estigma e a exclusión que a longo prazo lles afectan.

Honestidade e excelencia: Desde a Federación Alzhéimer Galicia realízase un traballo eficiente e recoñecido por outras entidades, sendo transparente ante todos os grupos de interese e ante a sociedade.

Traballo en rede: A federación considera fundamental crear sinerxias de traballo entre as entidades que a compoñen e con outras entidades que compartan os mesmos valores e obxectivos.

      Imprimir