¿Por qué ser voluntario/a?

A Federación Alzhéimer Galicia naceu no ano 1998 cun obxectivo claro, axuntar forzas entre todas as asociacións existentes en Galicia ata o mometo para conseguir máis e mellores recursos, máis investigación para a procura de orixe e futuros tratamentos do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e, para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con alzhéimer como das súas familias.
 
Esa unión foi a que propiciou o crecemento da rede como Federación e consolidou o noso traballo a favor das persoas con alzhéimer e as súas familias. Por iso a nosa filosofía baséase en que a colaboración e coordinación entre persoas pode facer máis fácil a vida do outro.
 
É nesa parte onde entras TI! Se es unha persoa comprometida, empática e tes motivación para axudar a persoas que o necesitan, este é o teu lugar.
 
A través deste formulario de solicitude, poderás inscribirte na nosa bolsa de voluntariado, nós farémolo chegar á asociación máis próxima para que eles póñanse en contacto contigo e infórmenche sobre que acción voluntaria podes desempeñar. Esta dependera das necesidades da asociación e dos proxectos que estea a levar a cabo.
 
Soamente unha cousa máis:

GRAZAS POR QUERER COMPARTIR O TEU TEMPO CONNOSCO!