FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias

Buscador

A continuación presentámosche as 9 noticias máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar noticias que cumpran uns criterios específicos.

23/02/2021 | Salceda de Caselas

No novo centro de atención ás demencias de Afaga Alzhéimer, o seu presidente, Juan Carlos Rodríguez, recibiu a visita da alcaldesa Loli Castiñeira e da concelleira Gela Roche

O obxectivo do centro é desenvolver un amplo abanico de actividades e ofertar servizos para todas as persoas usuarias diagnosticadas con algún tipo de demencia neurodexenerativa.

22/02/2021 | Viveiro

AFA Viveiro danos a benvida a súa nova páxina web

Unha páxina web intuítiva e que servirá de canle de comunicación tanto para familias usuarias como para persoas interesadas en coñecer o traballo da asociación viveirense.

19/02/2021 | Vigo

Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer, recibiu a visita do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo no Centro de Día da asociación

O Centro de Día especializado Alzheimer-Vigo Beiramar, é o primeiro centro da rede pública que se abriu en Galicia.

15/02/2021 | PONTEVEDRA

AFAPO realiza unha visita virtual á Biofábrica de Ence en Pontevedra como entidade beneficiaria do Plan Social Ence

A asociación leva a cabo tres talleres de prevención do deterioro cognitivo grazas á colaboración da multinacional pontevedresa.

02/02/2021 | A Coruña

AFACO impartirá un “Curso formativo básico na enfermidade de Alzheimer” os días 8 ,9 e 10 de febreiro.

O venres 5 finaliza o prazo de inscrición do curso de carácter gratuíto. As actividades comezarán o luns 8 ata o día 10 en horario de 11.00 a12:00 horas en modalidade on- line.

27/01/2021 | Vigo

Afaga Alzheimer conta cun novo espazo exterior adecuado para axudar ás persoas usuarias na mellora de habilidades físicas, sociais e cognitivas

Esta semana inaugurouse o espazo habilitado polo Concello de Vigo. Unha axuda importante e máis aún en tempos de pandemia.

27/01/2021 | Lugo

Afalu reactiva varios servizos para persoas coidadoras e familiares

A asociación de familiares de persoas con alzhéimer de Lugo adáptase a nova situación sanitaria e pon en marcha servizos de xeito telemático.

14/01/2021 | Santiago de Compostela

A segunda edición da charla 'Coñecer mellor o alzhéimer' impartida polo neurocientífico Carlos Spuch reuniu telemáticamente a preto de200 estudantes de

Os talleres 'DIVULGAMENTE' impulsados pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia acolleron o pasado 15 de xaneiro a 188 estudantes dos centros educativos CIFP Xunqueira, IES María Sarmiento, CPR Aloya e Sagrado Corazón nunha charla divulgativa da man do investigador Carlos Spuch.

14/01/2021 | A Coruña

AFACO imparte un “Curso formativo básico na enfermidade de Alzheimer” os días 18 ,19 e 20 de xaneiro

O venres 15 finaliza o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto.