FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias

Buscador

A continuación presentámosche as 9 noticias máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar noticias que cumpran uns criterios específicos.

25/06/2020 | Santiago de Compostela

A Federación Alzhéimer Galicia reúnese con diferentes formacións políticas para achegar a realidade do alzhéimer en Galicia

De cara ás eleccións autonómicas, as formacións BNG e Marea Galeguista quixeron coñecer o traballo realizado pola rede de asociación galegas de alzhéimer en todo o territorio

19/06/2020 | Vigo

Afaga Alzhéimer pon en marcha un programa de atención individualizada para persoas con alzhéimer e as súas familias en Vigo

O programa funciona baixo cita previa e conta cun Protocolo de Seguridade e Garantía Sanitaria contra o COVID-19

 

11/06/2020

FAGAL e as entidades do CERMI reúnense coa Xunta de Galicia para falar sobre as súas necesidades

A reunión contou coa presencia de Alberto Núñez Feijóo e Fabiola García, á quen se lles transmitiu a necesidade de activar un Plan Autonómico de Atención ás Demencias

01/06/2020 | Galicia

A Federación Alzhéimer Galicia amosa á súa preocupación ó non poder abrir os centros de día ata setembro

O pasado venres, 29 de maio, convocouse unha reunión da Xunta Directiva de FAGAL para avaliar o impacto desta decisión, tomada pola Xunta de Galicia, nas persoas con demencia e as súas familias e persoas coidadoras

28/05/2020 | Galicia

FAGAL levou a cabo un curso de formación sobre o COVID-19 e as medidas de seguridade para o traballo con persoas maiores

A formación foi impartida por Marta Cao Cancelas, enfermeira de AFAMO, e asistiron máis de 150 persoas traballadoras da Federación e das asociación

22/05/2020 | Vigo

AFAGA Alzhéimer e o Colexio CEIP Atín – Cela Mos inician un proxecto interxeracional baseado no envío de cartas

O proxecto, Atinando Recordos, pon en contacto ás persoas con demencia de AFAGA e ó alumnado do colexio, e busca estreitar os lazos de unión entre elxs e fomentar o cariño e o respecto

 

12/05/2020 | Ferrol

Afal Ferrol realizou máis de 830 atencións a familias dende o inicio da crise sanitaria do COVID-19

A maioría dos servizos concentráronse en tarefas de seguemento a familiares, apoio psicolóxico e asesoramento en materia de estimulación cognitiva no domicilio

06/05/2020 | Lugo

Afalu realiza terapia a domicilio as persoas usuarias dos seus centros de día

A nosa asociación Afalu tamén reformula a súa actividade para seguir ofrecendo un servizo de calidade as súas familias
 

04/05/2020 | Santiago de Compostela

FAGAL imparte unha charla sobre o papel das asociacións na saúde mental de persoas maiores

A presentación foi realizada por Juan Carlos Rodríguez e Isabel Gey Pérez, presidente e vicepresidenta de FAGAL, e dirixíase a un grupo reducido do alumnado do Grao de Medicina da USC