FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia partipa no XIII Encuentro de Participación que EAPN-España e EAPN Galicia organizaron en Santiago de Compostela

A Federación Alzhéimer Galicia participou no XIII Encuentro de Participación que EAPN-España e EAPN Galicia organizaron en Santiago de Compostela do 26 ao 28 de xuño baixo o lema: ‘Lucha contra la Pobreza, la Exclusión Social y la Desigualdad en el marco de los ODS’

28/06/2019

Este Encontro, no que participaron máis de 200 persoas de toda España, entre as que se inclúen as de 16 entidades galegas membro de EAPN-Galicia, dentro delas FAGAL, tivo como obxectivo crear un espazo que contribua ó empoderamento das persoas en risco de pobreza e/ou exclusión, apoiando as súas capacidades para coñecer, comprender, defender e reclamar os dereitos que lles son recoñecidos.

Ademais este ano, a Federación Alzhéimer Galicia ten unha vinculación maior con EAPN- Galicia xa que forma parte da Xunta directiva como vogal,o que permite expoñer as demandas do noso colectivo de atención dunha forma máis clara e cercana.

No noso ámbito de intervención observamos que o perfil da persoa coidadora corresponde na actualidade a muller de entre 45 e 55 anos, que en moitas ocasións ten que deixar o seu traballo para adicarse en exclusiva ós coidados derivados da persoa con demencia. Isto, sen dúbida, repercute notablemente na economía familiar. Ademáis cando estas mulleres rematan a etapa de coidados encóntranse nunha idade na que a incorporación o mercado laboral faise moi complicada. Todo isto sitúa a estas mullleres como un colectivo en risco de exclusicón social.

Este so é un dos motivos polos que a Federación debe formar parte activida de entidades adicadas a loita e erradicación da pobreza co obxectivo de construir, a través do traballo en rede,nun mundo máis xusto.

No encontro tamén estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, a Conselleira de Política Social, Fabiola García, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santarices ou a Secretaria de Estado de Servicios Sociales, Ana Lima participaron xunto a persoas en risco de pobreza beneficiarias de 16 ONG galegas de acción social.

Arquivada en: