Axenda de Actividades
AGADEA organiza a IV ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHEIMER – “OS CAMIÑOS DA MEMORIA”
Agadea pon en marcha a cuarta edición da Andaina Solidaria co obxectivo de visibilizar e concienciar á poboación en xeral sobre a enfermidade de Alzhéimer
31/07/2019 | Santiago de Compostela
Dado o éxito acadado nas pasadas edicións, Agadea volta a por en marcha esta iniciativa que nace da necesidade de lograr unha maior concienciación social sobre esta enfermidade. Tratando de facer visibles á poboación as necesidades e dificultades que presentan as persoas con alzhéimer e as súas familias.
A andaina está dirixida a tódolos públicos, dende nenos e nenas ata maiores. O percorrido elixido será nun entorno privilexiado do Concello de Ribeira entre o luscoefusco.
INFORMACIÓN TÉCNICA DA ANDAINA:
- Terá lugar o día 23 de agosto ás 21h.
- A saída e chegada será o Parque García Bayón.
- Distancia: 10 km
- Dificultade: media - baixa
- Custe de participación: 5€
- Inscriccións: por WhatsApp: 672.70.50.53, de maneira presencial no Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira
PROGRAMA DO EVENTO:
- 21:00 horas: Saída da Andaina Solidaria do Parque García Bayón no Concello de Ribeira. Amenizada a cargo de (A. F. Chorimas).
- Entre as 21:30 3 as 22:00 horas: comezo da proxección do Documental (Bicicleta, cuchara, Manzana), Parque García Bayón no Concello de Ribeira. Duración da proxección 1:50 horas.
- 23:45 horas: Peche do evento
Para máis información podedes contactar con AGADEA ou o Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA