Noticias 

AFAPO presenta #LODELARISA, unha gala benéfica que reunirá a humoristas polo Día Mundial do Alzhéimer

No marco das actividades a realizar polo Día Mundial do Alzhéimer 2019, AFAPO organiza unha Gala Benéfica onde a risa volve a ser o obxectivo primordial.

01/08/2019 | Pontevedra

Tras o éxito acadado en anteriores edicións a nosa asociación AFAPO volta organizar unha cita humorística cun cartaz de luxo. #LODELARISA contará con humoristas de prestixio nacional como Santi Millán, coñecido como actor en series como "7 vidas", presentador do programa "Got Talent España" ou as súas intervencións como monologuista no "Club de la comedia", David Amor, actor e humorista galego coñecido por colaborar no progrmaa "El club del chiste", como actor na serie "Gym Tony"  ou como colaborador do programa "Zapeando"; e por último, Javi Sancho, presentador e humorista que durante o ano 2018 realizou un espectáculo xunto o seu compañeiro Santi Millán.

 

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO