FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFAL Ferrol e Concello de Neda abordan liñas de colaboración para mellorar a atención ás persoas con alzhéimer e ás súas familias

07/08/2019 | Ferrol

No marco da rolda de xuntanzas iniciada cos concellos da comarca polo novo presidente de AFAL, Francisco Pantín, o equipo da asociación desplazouse a Neda. Alí mantiveron unha reunión de traballo co alcalde, Ángel Alvariño, e a concelleira de Benestar Social, Ana Rosa Pena, así como outros concelleiros do equipo de goberno.
 
Na mesma, abordaron diferentes liñas de colaboración para a posta en marcha de novos servizos que faciliten unha mellor atención ás persoas afectadas de alzhéimer e ás súas familias. Así mesmo, acordaron unir esforzos en materia de sensibilización e divulgación en torno á doenza e o labor que desenvolve AFAL.
 
Tras as reunións celebradas nos concellos de Ares, Cedeira e Valdoviño, os encontros continuarán en Fene e Narón. Segundo explicou Francisco Pantín, o obxectivo, tal e como se marcara nada máis acceder ao cargo, é reforzar a cooperación cos concellos de cara a descentralizar os servizos que presta AFAL e facilitar así o acceso ás terapias por parte das persoas afectadas.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra