FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Récord de asistencia na IV Andaina Solidaria organizada por Agadea e o Centro de Día de Ribeira.

Máis de 300 persoas participaron o pasado 23 de agosto na IV Andaina Agadea-Alzheimer de Ribeira organizada dende o Centro de día de Ribeira.

30/08/2019 | Ribeira

O éxito estivo asegurado na IV Andaina Solidaria da nosa asociación Agadea-Ribeira a unha semana da andaina xa se superaban as previsións de 250 persoas inscritas. Así, o 23 de agosto, máis de 300 persoas percorreron a ruta no enclave provilexiado de Ribeira con inicio e final no Parque García Bayón.
 
O compromiso da cidadanía de Ribeira no apoio á asociación e á sensbilización do alzhéimer fíxose patente nesta xornada onde se uniron deporte, solidaridade e bo humor.
 
Por outra banda, o vindeiro 14 de setembro Agadea celebra na Estrada a terceira edición da Andaina Solidaria co Alzhéimer. A andaina, aberta a todas as idades, sairá da Praza do Concello ás 18.30 horas e ademais haberá actividades para toda a familia, como contacontos, música e sorteos.
 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA