FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAL Ferrol e Concello de Ares anuncian a posta en marcha dun Servizo específico de estimulación terapéutica de alzheimer

Estará atendido por una logopeda, una educadora social y un gerocultor y, desde septiembre, se ofrecerá de lunes a viernes de 10 a 14 h.

30/08/2019 | Ares

Ares reforza a súa aposta pola atención ás persoas afectadas de alzheimer e o apoio ás súas familias. Así o anunciaron esta mañá o alcalde, Julio Iglesias, e o presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, para sinalar que os talleres de estimulación cognitiva que viñan ofrecendo no municipio reconverteranse nun novo servizo terapéutico con horarios ampliados e novos profesionais para a atención.
 
Así, Concello e AFAL Ferrolterra anunciaron a posta en marcha, a partir do mes de setembro, do Servizo Específico de Estimulación Terapéutica de Alzhéimer e outras Demencias ( S.E.E. T.A.). Un servizo presentado ás familias recentemente cunha magnífica acollida pola súa banda. Ten a súa referencia na carteira de servizos da Dependencia da Xunta de Galicia e, con el, preténdese mellorar a intervención coas persoas usuarias das fases iniciais-moderadas cunha maior intensidade horaria e coa participación de distintos perfís técnicos e profesionais. Deste xeito, o servizo pasará a ser atendido por 2 técnicas ( logopeda e educadora social) e 1 un profesional de atención socio sanitaria a dependentes ( gerocultor). Ademais, ofrecerase de luns a venres de 10 a 14 horas.
 
Inclúe un conxunto de intervencións orientadas a manter ou mellorar a capacidade para realizar as actividades da vida diaria, evitar a aparición de limitacións na actividade, deficiencias ou déficits secundarios, co fin de conseguir o maior nivel de autonomía e calidade de vida.
 
O proxecto non se limita á intervención coas persoas afectadas de alzhéimer, senón que se estende ás familias e persoas coidadoras, xa que inclúe un servizo de información, orientación, formación, apoio persoal emocional e asesoramento que ten como finalidade mellorar a súa calidade de vida.
 
Así mesmo, o servizo estará parcialmente cofinanciado polo Concello de Ares a través dun convenio administrativo e tamén se poderá solicitar unha  libranza (axuda económica) a través da Lei da Dependencia á Xunta de Galicia.
 
As persoas interesadas no mesmo, poden obter máis información no departamento municipal de Servizos de Sociais de Ares ou en AFAL  ferroleterra (981 37 06 92, rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol).
 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra