Axenda de Actividades

Agadea Alzhéimer celebra os seus 25 anos coa Gala #lembranzas

Terá lugar en Santiago de Compostela o 21 de setembro coincidinco co Día Mundial do Alzhéimer

02/09/2019 | Santiago de Compostela

 
Agadea Alzhéimer celebra os seus 25 anos o 21 de setembro cunha Gala titulada #lembranzas.
Nesta data tan significativa a entidade quere convidar a todos/as as persoas usiarias, familias, persoas coidadoras, socios e socias, persoal da entidade e do sector e a sociedade en xeral a compartir unha tarde de festa na Gala #lembranzas.
 
A gala vaise celebrar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela ás 20.30 horas do sábado 21 de setembro. A ela tamén asistirán autoridades da Xunta e das distintas corporacións municipais nas que Agadea ten presencia, como son Santiago, Ribeira, A Estrada e Teo e entidades sociais.
Entre os actuacións previstas está a do cantautor galego Emilio Rúa e o grupo musical Son Trio. Unha das partes máis emotivas será a dos recoñecementos, entre outros, á traballadora que leva más anos na entidade, a voluntarios/as e a grupos que traballan polo benestar das persoas maiores. Tamén haberá a proxección dun vídeo que recolle a historia de Agadea, unha das primeiras asociación que se formaron en Galicia de apoio as persoas con
Alzhéimer.
Para asistir á gala é preciso inscribirse previamente en comunicacion@agadea.org ou no teléfono 981 59 57 38 coas entradas realizarse un
donativo de 10€ como apoio ás actividades da asociación.
 
Agadea Alzhéimer anima a toda a cidadanía a participar nesta cita solidaria que estará cargada de emocións e lembranzas.
 
 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA