FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Centos de persoas sumáronse a AFAL Ferrolterra na I Carreira e II Andaina para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer

Preto de 300 persoas participaron este sábado na I Carreira e a II Andaina Solidarias organizadas por AFAL Ferrolterra para conmemorar o 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer.

23/09/2019 | Ferrol

 
Unha xornada festiva que tinguiu durante toda a mañá de cor lila, o do alzheimer, o Cantón de Molíns, punto de partida e chegada de ambas citas.
Na carreira, Rebeca Valiño Regueiro (corredora independente) e Jonathan Fernández Ríos (do club Pasa ou Entorna) subiron ao máis alto do pódium.
En segunda posición, María Teresa Martínez Breijo (Castro de Lobadiz) e Daniel Portomeñe Formoso (independente). E, no terceiro posto, Carlota
Ferreira Leiras (Pasa ou Entorna) e Ricardo Cores Vázquez (Triatlon Boiro). O familiar máis veloz foi Samuel Pantín, que dedicou o seu premio á súa nai, usuaria de AFAL. E como corredor máis novo situouse Diego Sánchez (2004), mentres que Jesús Bernal (1947) foi o máis veterano.
 
Presidiron a entrega de premios Francisco Pantín, presidente de AFAL, e as concelleiras de Benestar Social de Ferrol, Eva Martínez Montero, e Valdoviño, Ana Belén Pérez.
 
Con esta iniciativa, AFAL quería dar visibilidade á enfermidade e ao labor que desenvolve nos seus centros de día a favor das persoas afectadas e as
súas familias, así como nos concellos da comarca. Para iso, contou tamén coa colaboración especial do grupo de música tradicional Amigos de Oleiros,
que amenizaron toda a andaina coa súa música, así como con Novo Plan, que puxo o broche de ouro á xornada cunha actuación musical de primeira
no Cantón de Molíns.
Por último, Francisco Pantín quixo agradecer a Protección Civil e Policía Local o seu apoio para facer posible esta xornada. Agradecemento que fixo
extensivo ao Concello de Ferrol e a Gadis, que colaborou co avituallamento. Tamén especialmente aos traballadores e traballadoras de AFAL e ao equipo de voluntarios, sempre ao pé do canón e implicándose en todas e cada unha das iniciativas da asociación.
 
ILUMINACIÓN DA CONSISTORIAL
A xornada pechouse sobre as 20:30 horas coa ilumiación morada a casa do Concello de Ferrol plo Día Mundial do Alzhéimer
 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra