FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Aberto o prazo de inscrición para os talleres “DIVULGAMENTE” impulsados pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia.

Aberto o prazo de inscrición para os talleres “DIVULGAMENTE” impulsados pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia.
 

26/09/2019 | Vigo, Chantada y Santiago de Compostela

Divulgamente é un proxecto de sensibilización interxeracional enmarcado no Programa “Rede  Paraugas Alzhéimer 4.0” que levan a cabo a Fundación Barrié en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia desde o 2013. O seu obxectivo é mostrar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias e como afectan o cerebro, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
 
O proxecto consta de tres fases:
A primeira fase constitúese cunha Charla divulgativa “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo Doutor Carlos  Spuch,  neurólogo de gran relevancia no panorama da investigación en demencias en Galicia.
 
A Sensibilización na aula é a segunda fase, na que profesionais da asociación de referencia da zona acudirán ao centro educativo para explicar o traballo diario coas persoas con demencia  neurodexenerativa.
 
Por último, e para pechar o círculo, o alumnado poderá visitar un centro de alzhéimer para coñecer de primeira man as actividades  que se realizan e poder participar nelas fomentando as relacións interxeracionais.
 
Este ano as localidades seleccionados son Vigo, Santiago de Compostela e Chantada. Os días fixados para a realización das charlas serán, o 21, 22 e 24 de outubro respectivamente.
 
Prazo de inscrición aberto ata o 3 de outubro a través desta ligazón.
 

Arquivada en:
Que facemos? > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Para a mocidade > Rede paraugas interxeracional