Noticias 

O concello de Valdoviño e Afal Ferrolterra poñen en marcha o curso 'Cuidar o coidador'

O curso gratuíto terá lugar os días 3 e 4 de outubro, de 15 a 19 horas na casa consistorial de Valdoviño

27/09/2019 | Valdoviño

A acción formativa está dirixida ás familias coidadoras de persoas afectadas de alzhéimer e/outras demencias. Desenvolverase en dúas xornadas, os días 3 e 4 de outubro, no salón de plenos da casa consistorial, en horario de 15 a 19 horas. Así, as persoas interesadas en anotarse deben facelo no departamento municipal de Servizos Sociais de Valdoviño (planta baixa da consistorial ou teléfono 981 48 70 41).
 
Entre os seus obxectivos está dotar ás persoas coidadoras de coñecementos, estratexias e habilidades que as axuden a entender a enfermidade de Alzheimer e a manexar as situacións que leva o coidado dunha persoa con esta doenza.
 
Así, o persoal de AFAL abordará nas sesións o envellecemento normal contra o envellecemento patolóxico; o concepto das demencias e os tipos, así como as fases da enfermidade e os síntomas. Tamén os trastornos psicolóxicos do comportamento e a comunicación coa persoa con demencia.
 
Nunha segunda parte, tratarase o coidado da persoa coidadora, abordando os problemas aos que se enfronta, o síndrome do coidador ou aquelas medidasde coidado ao coidador.
 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra