Noticias 

Éxito de participación no Teatro Solidaria polo Día Mundial do Alzhéimer organizado por AFABER

Ademais, AFABER retoma os grupos de apoio a familiares con persoas con alzhéimer en outubro

30/09/2019 | Carballo

O pasado sábado 21 de setembro, día mundial do alzhéimer, a asociación de familiares de persoas afectada polo alzhéimer e/outras demencias da comarca de Bergantiños (AFABER) organizou un teatro solidario.
 
A obra “Aquí non paga ninguén”, representada polo Grupo de Teatro da A.V.V San Salvador de Sofán, comezou ás 21:00 h no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo cunha acollida excepcional.
 
A esta cita solidaria acudiron cerca de 200 persoas que doaron, a modo de entrada, 1kg de alimentos non perecedoiros que ían destinados a Cruz Vermella Carballo.
Tras facer o reconto dos alimentos recadados no teatro solidario sumaron un total de 325 kg.
O venres, 27 de setembro ás 19:00 h. o presidente da Cruz Vermella Carballo, Roberto Mallo, visitará a entidade AFABER para agradecer e facer acto de entrega dos alimento recadados pola asociación.
 

GRUPO DE APOIO DE FAMILIARES

O mércores día 2 de Outubro ás 20:15 horas no local da asociación na Rúa Camelias, 2 – baixo; retomaranse as reunións do Grupo de Apoio de Familiares de persoas con alzhéimer.
 
Os grupos de apoio fomentan directamente a saúde e a redución do malestar psicolóxico e permiten aos familiares facer unha mellor valoración da súa propia situación grazas ao que lle ofrecen: recursos de afrontamento e de paliar emocións negativas, proporcionar maior sensación de control, aumento da autoestima e do estado de ánimo positivo, e permiten unha oportunidade de interacción social regularizada e de recibir feedback dos demais familiares.
Poden acodir ao grupo de apoio calquera persoa interesada no mesmo ou quen desexe apoiar a familiares que sofren a enfermidade do Alzheimer.
 
As reunións do grupo de apoio estarán dirixidas pola psicóloga Lara Rodríguez de las Heras, e realizaranse todos os PRIMEIROS MÉRCORES de cada mes ata o mes de Xuño de 2020.
 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER