FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia celebrou el sábado 28 de setembro unha asemblea extraordinaria

A asemblea estivo marcada pola preocupación polos proxectos de atención a persoas cunha demencia

30/09/2019 | Santiago de Compostela

O pasado sábado 28 de setembro tivo lugar unha asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Alzhéimer con presencia de todas as entidades federadas.
En dita asemblea a Xunta Directiva da entidade, presidida por Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, foi ratificada por unanimidade de todas as asociacións federadas validando o traballo desenvolvido nos últimos anos e promovendo a súa continuidade.
 
Entre outros temas tratados na asemblea mostrouse a preocupación pola redución de recursos que implica a actual convocatoria de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Consellería de Política Social, na que se reducen os recursos asignados nos proxectos de atención diurna cun grave perxuízo para os programas que as Asociacións de Familiares de Persoas cunha demencia neurodexenerativa de Galicia veñen desenvolvendo dende fai moitos anos cun elevado número de persoas beneficiarias.
 
Na mesma liña tamén mostrouse preocupación pola supresión do programa da Federación coa Consellería de Política Social, Xuntos Nos Coidados, a través do cal se realizaban accións formativas para familias coidadoras do rural Galego, que se viñan impartindo dende o ano 2011 e do que se beneficiaron máis de 1600 familias. Ademais,  promoveuse a creación de grupos de traballo e implantación de novos programas.
 
Ante esta situación, acordouse que a xunta directiva solicitaría unha reunión coa Consellería de Política Social onde tratar estes temas coa finalidade de promover un compromiso firme da administración autonómica coas persoas con demencia neurodexenerativa e as súas familias.
 

Arquivada en: