Axenda de Actividades
Marín acollerá un centro terapéutico público para persoas con álzhéimer xestionado por AFAPO
Trátase dunha iniciativa gratuita que estará en marcha en novembro
15/10/2019 | Pontevedra
O Concello de Marín, en colaboración con AFAPO, levará a cabo a implementación dun centro terapéutico para persoas con alzhéimer nas instalacións da Leira de Briz. Estrará en funcionamento a partir de novembro.
Trátase dunha iniciativa pública, gratuíta para todos os participantes, que se sumará á actual oferta coa que conta o Concello de Marín que ofrece talleres de memoria para todas as franxas de idade e que será subvencionada polo Goberno local. "É básico nunha sociedade na que esta enfermidade está tan presente e na que vos seus pacientes precisan dunha atención personalizada e adaptada ás súas necesidades", comentou respecto diso a alcaldesa, María Ramallo.
Con este novo servizo preténdese facer un seguimento dos pacientes, creando unha unidade asistencial de intervención terapéutica con 12 meses de duración
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO