Noticias 

O proxecto Divulgamente comezou coas charlas sobre alzhéimer en Vigo, Santiago e Chantada

Preto de 630 alumnos e alumnos de centros educativos e de formación profesional de Galicia beneficiáronse desta actividade posta en marcha gracias a Fundación Barrié

25/10/2019 | Santiago, Vigo y Chantada

Un ano máis arrinca o proxecto DIVULGAMENTE, enmarcado no programa Rede Paraugas Alzhéimer 4.0 da Federación Alzhéimer Galicia e a Fundación Barrié, co obxectivo de involucrar as xeracións máis novas proporcionando coñecemento a cerca do alzhéimer e as demencias neurodexenerativas.
 
No ano 2013, comezaba esta andaina na que FAGAL detectou a necesidade de crear servizos que atenderan as necesidades reais da poboación máis rural de Galicia en materia de demencias, por un lado, e por outro, a necesidade de realizar actividades interxeracionais que uniran a maiores e persoas novas, non só polos beneficios xerados para ambos colectivos, senón para reestablecer as relacións afectivas entre ambas xeracións. Deste xeito, naceu o programa Rede Paraugas Alzhéimer 4.0 coa colaboración, sempre indispensable, da Fundación Barrié.
 
Con isto, o proxecto DIVULGAMENTE, leva recorrido parte da xeografía galega informando e concienciando o alumnado sobre o alzhéimer e como este afecta o noso cerebro, así como accións encamiñadas a prevención das demencias xa dende novos.
 
Este ano comezaron os obradoiros con charlas en Vigo, Santiago e Chantada, nas que o neurobiólogo e investigador senior do IIS Galicia Sur foi o encargado de impartilas a mozos e mozas dos centros educativos participantes.
 
En total, preto de 630 alumnos e alumnas de 14 centros educativos de educación primaria, bacharelato e ciclos formativos da rama sociosanitaria  puideron beneficiarse desta acción que rematou onte, a súa primeira fase cunha acollida excepcional.
 
A partir de aquí, esténdense dúas fases nas que os protagonistas serán as asociacións de alzhéimer galegas e os centros educativos participantes.
A seguinte fase contempla a visita de profesionais da asociación de referencia da zona ó centro educativo,  para que poidan explicar o traballo que realizan cada día coas persoas con alzhéimer e as súas familias. Por último, a terceira fase consiste na visita dun número limitado do alumnado de cada centro a un centro de alzhéimer. Deste xeito, os mozos e mozas poderá coñecer de primeira man a labor realizada polas asociacións e participar nalgunha actividade organizada conxuntamente.
 

Arquivada en: