Noticias 

A Fundación Botín otorga un recoñecemento as entidades participantes na VIIII edición de Talento Solidario

A entrega do galardón tivo lugar na sede da Fundación Botín en Madrid o 24 de outubro

31/10/2019 | Madrid

Un total de 13 entidades do Terceiro Sector participantes na VIII edición de Talento Solidario da Fundación Botín recibiron un recoñecemetno polo seu paso polo programa.

O pasado 24 de outubro a vicepresidenta da Federación Alzhéimer Galicia, Isabel Gey, foi a encargada de recoller o recoñecemento, non sen antes dar as gracias pola oportunidade que brindou a Fundación Botín a esta entidade. Foron dous anos de aprendizaxe e crecemento da entidade que nos axudaron, entre outras cousas, a trazar as liñas futuras de actuación da Federación a través da elaboración dun Plan Estratéxico.

Dende a Federación Alzhéimer Galicia agradecemos a confianza depositada e o traballo que realizan diariamente para impulsar a orgnizacións de acción social

Talento Solidario é un programa da Fundación Botín dirixido a impulsar e dinamizar a profesionalización do Terceiro Sector a través de:

  • Fortalecemento interno: axudando a organización pequenas ou medianas a redefinir e mellorar procesos de xestión interna, ofrecendo formación, asesoramento estratéxico...co obxectivo de ser máis eficientes e conseguir maior impacto social e innovación.

  • Incorporando talento externo.

  • Fomentando o traballo colaborativo en rede: a través do traballo e os talleres que organizan para xerar sinerxias, alinear esforzos e multiplicar resultados. Deste xeito, as entidades seleccionadas entrarán a formar parte da Rede Talento Solidario, compuesta actualmente por 240 entidades sociales de diferentes sectores.

 

Arquivada en: