Noticias 

Obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos no Concello de Valdoviño

A inscrición xa está aberta para estes obradoiros, dirixidos por AFAL Ferrolterra, e que recorrerán as parroquias do Concello de Valdoviño

05/11/2019 | Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa

Celebraranse en Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa, son gratuítos, e estarán guiados por AFAL Ferrolterra.
 
Baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», o Concello de Valdoviño e AFAL Ferrolterra poñen en marcha obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos. Farano levando a actividade ás diferentes parroquias. En concreto, a Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa.
 
Nesta liña, a Concellería de Servizos Sociais vén de abrir o prazo de inscrición no programa, con custe cero para as persoas participantes.
As prazas son limitadas e para anotarse é preciso formalizar a solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial  pranta baixa do consistorio- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5.
 
A actividade estará guiada por AFAL –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca- e arrancará a vindeira semana.
O horario é o seguinte:
 
- Vilaboa: luns ás 16h
- Meirás: luns ás 18h
- Pantín: martes ás 16h
- Segueiro: martes ás 18h
 
As sesións teñen unha duración de 1h30min.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra