FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFAL Ferrolterra organiza unha charla sobre dispositivos de xeolocalización

Terá lugar este venres 22 de novembro, ás 17 horas, na asociación.

19/11/2019 | Ferrol

Este venres 22 de Novembro terá lugar a charla sobre Geolocalización organizada pola nosa asociación AFAL Ferrolterra. O presidente de AFAL Ferrolterra,  Francisco Pantín, anunciu onte a posta en marcha desta charla que terá lugar este venres 22 de novembro, a partir das 17 horas, con entrada libre e de balde. Así, animou a todo o mundo a acudir a AFAL (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol) e participar na mesma.
 
Estará impartida por Julio Donoso, responsable da firma local Grupo CI, expertos en sistemas de geolocalización de persoas. Sistemas para que as familias poidan coñecer en todo momento a ubicación, vía GPS, da persoa afectada de alzheimer ou outra demencia, gañando en tranquilidade. Así, na charla amosaranse os diferentes recursos disponibles e as súas prestacións.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra