Axenda de Actividades
Comeza o curso de Xuntos Nos Coidados da man de AFABER no Concello de Coristanco
Un total de 22 persoas coidadoras coñecerán máis a fondo a enfermidade e o manexo da persoa con alzhéimer así como a importancia do autocoidado para previr o 'síndrome do coidador'
26/11/2019 | Carballo
Como anos atenriores, a Federación Alzheimer Galicia e a Consellería de Política Social coa colaboración de AFABER, veñen desenvolvendo unha serie de accións formativas para familiares coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa nomeada "Xuntos nos Coidados".
Onte, 25 de novembro, tivo lugar a presentación do curso no Concello de Coristanco no que están inscritas un total de 22 persoas. Na súa marioría mulleres que teñen o seu argo algunha persoa cunha demencia neurodexenerativa. O obxectivo desta formación é dotar de ferramentas as persoas coidadoras para facer fronte os coidados de maneira efectiva sen esquezar a ikmportancia do autocoidado para previr a sobrecarga do coidador ou coidadora.
Esta acción formativa desenvolverase en catro xornadas, 25 e 26 de novembro e 3 e 4 de decembro no Edifico Multiusos do Concello de Coristanco. Unha duración total de 8 horas, repartidas nos catro días en horario de 10:30 a 12:30h.
O curso foi organizado pola entidade AFABER, coa financiación da Federación Alzhéimer Galicia e a Consellería de Política Social e colaboración do Concello de Coristanco.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER