FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O 25 aniversario de AFAGA Alzhéimer péchase cun encontro científico sobre alzhéimer

A asociación celebra as XVII Xornadas Alzheimer e outras Demencias, 25 anos despois

02/12/2019 | Vigo

Afaga celebrou un ano máis as súas Xornadas Profesionais sobre Alzhéimer e outras Demencias, unha cita que nesta ocasión chegou á súa décimo séptima edición e que foi o acto que pechou as actividades organizadas con motivo do 25 Aniversario da entidade.

Este foro, dirixido principalmente a profesionais do sector de atención ás persoas maiores e ás persoas dependentes, tivo lugar os días os días 29 e 30 de Novembro, na sede de Afundación en Vigo.

Con este encontro, Afaga favoreceu a creación dun espazo de encontro e formación especializada, onde os profesionais sanitarios e sociosanitarios puideron reflexionar sobre a situación actual e os retos futuros na atención ás demencias.

A inauguración estivo presidida por Ildefonso de Cámpaa director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Julio Comesaña, xerente da área Sanitaria de Vigo e Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga e da Federación Alzhéimer Galicia.

A mesa redonda de apertura abordou o tema da demencias, analizando o pasado, presente e futuro da investigación e a intervención: ‘De onde partimos e onde imos: demencias’, a cargo de Andrés Vázquez, do Consorcio Galego de Servizos de igualdade e Benestar; José Ramón Lorenzo, presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía, e Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, como moderador.

Pola súa banda, Águeda Vermello, coordinadora de Psicogeriatría no Hospital Álvaro Cunqueiro, ofreceu o sábado a conferencia ‘Demencias: máis aló da memoria’; e varios profesionais do Hospital Povisa explicaron en que consiste o proxecto ‘Acompaña’, presentado recentemente. Ademais, houbo tres talleres prácticos sobre intervención con música e instrumentos tradicionais, fisioterapia e calidade na atención.

A clausúraa asistiron: Abel Caballero, alcalde de Vigo; Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social; Isaura Abelairas, deputada de Benestar Social; e David Regades, delegado de Zona Franca de Vigo

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA