Noticias 

AFABER clausura o curso 'Xuntos Nos Coidados' no Concello de Coristanco

O mércores 4 tivo lugar a clausura do curso dirixido a cuidadores e coidadoras no que participaron  un total de 20 personas.

05/12/2019 | Coristanco

Como en anos anteriores, a Federación Alzheimer Galicia e a Consellería de Política Social coa colaboración de AFABER, veñen desenvolvendo unha serie de accións formativas para familiares coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa nomeada "Xuntos nos Coidados".

Este mércores 4 de decembro finalizaba o curso para persoas coidadoras o que asistiron un total de 20 persoas.

Ao curso asistiron máis de 20 persoas. A formación tivo unha duración de 8 horas repartidas nos días 25 e 26 de novembro e 3 e 4 de decembro no Edifico Multiusos do Concello de Coristanco.

A encargada de dirixir este curso formativo foi a psicóloga Lara Rodriguez de las Heras. O curso foi organizado pola entidade AFABER, coa financiación da Federación Alzhéimer Galicia e a Consellería de Política Social e en colaboración do Concello de Coristanco.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER