Noticias 

Nova sesión formativa en Pontedeume para a creación de Grupos de Axuda Mutua para familiares

El programa gratuíto está destinado a familiares de persoas cunha demencia. Inscrición previa en AFAL Ferrolterra ou en Servizos Sociais do Concello

09/12/2019 | Pontedeume

A Casa da Cultura de Pontedeume acollerá este mércores 11 de decembro unha nova xornada formativa para a posterior creación do Grupo de Axuda Mutua para familiares de persoas cunha demencia neurodexenerativa.
 
Un proxecto dirixido ás persoas coidadoras de familiares con demencias, con participación gratuíta pero necesaria inscrición previa. Debe formalizarse en AFAL (rúa Río Castro, 43- 45 baixo Ferrol/981 37 06 92) ou na Concellería de Servizos Sociais de Pontedeume (981 43 30 54 extensión 3201).
 
O proxecto inclúese no programa Rede Paraugas Alzheimer 4.0 que impulsa a Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia e nel colabora o Concello de Pontedeume e AFAL, asociación encargada de guiar as sesións.
A deste mércores celebrarase de 16 a 19 horas e terá continuidade, no mesmo escenario e horario, o día 18 de decembro.
 
O programa consta dunha primeira fase de formación para detectar as necesidades das familias e logo pór en marcha eses grupos de axuda mutua
titorizados por un profesional de AFAL. Inicialmente, e co fin de analizar as necesidades de cada grupo, realizarase unha fase de avaliación,
asesoramento e información. Nesta, de carácter grupal, valoraranse os coñecementos e experiencias en materia de autocoidados, recursos sociais, estimulación no fogar…
Posteriormente, e unha vez fortalecido o grupo de axuda mutua e coñecidas as necesidades dos participantes, se realizará un acompañamento mensual do grupo.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra