Noticias 

O V Concurso de fotografía de AFABER xa ten gañador

"Ponse o sol" é a fotograía gañadora da quinta edición do concurso de fotografía que impulsa AFABER

12/12/2019 | Carballo

O luns 9 de decembro reuníronse na sede de AFABER os membros do xurado do V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE AFABER, Don Jesús Manuel Villar Antelo, Presidente de AFABER; Dona Maica Ures García; Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo, Dona Ana García, fotógrafa profesional que desenvolve o seu labor no periódico “La Voz de Galicia” e Dona Mar Casal, fotógrafa profesional que desenvolve o seu labor no Diario de Bergantiños.
 
Os membros do xurado escolleron 3 fotografías de entre un total de 38 que chegaron a sede de AFABER para participar no V Concurso.
 
A gañadora do Concurso é unha foto que leva por título “Ponse o sol” realizada por Don José Manuel Pérez Pena. O segundo premio quedou nas mans de Olga Rey Antelo, pola fotografía que leva por título “O paso do tempo”,
 
O terceiro premio realizará a súa viaxe á casa de Dona Adriana Queijo Vilariño, coa foto “a veces las nubes bailan en mi cabeza”, que ademais pasou á final grazas a obter o maior número de “Me gustas” no perfil de AFABER do Facebook.
 
Todas aquelas persoas interesadas en ver as fotografías gañadoras e participantes, poden facelo a través do perfil en Facebook de AFABER.
Dende AFABER queremos agradecer a todas as persoas participantes no V Concurso de Fotografía de AFABER.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER