Noticias 

As persoas usuarias de AFAN Burela participaron na exposición Córgomo Arte

Esta edición, dedicada á enfermidade de alzhéimer, contou coa obra "A memoria das mans" elaborada polas persoas usuarias de AFAN Burela

12/12/2019 | Córgomo

AFAN Burela partica na exposición Córgomo Arte na localidade de Córgome (Lugo) cunha obra elaborada polos usuarios e usuarias da asociación.
 
A través da proposta de Martín Ledo, artista plástico de Burela, vinculado a esta asociación desde o ano 2015 emprenderon un proxecto fermoso ademáis de terapéutico para as persoas con alzhéimer. Aproveitando que este ano o eixe temático era a enfermiade de Alzheimer, el artistan Burelense non dubidou en que os protagonistas foran as propias persoas con demencia, contando a través das súas mans as súas lembranzas. Uns plasmaron os seus lugares de orixe, outros a súa profesión e outros os seus gustos e aficións.
Todo isto, coa axuda de Marín formou un libro de 10 páxinas tituladao "A memoria das mans".
 
 
Silvia  Fiallega, comisaria de Corgomo Arte,  destacou a implicación dos 10 usuarios e usuarias de AFAN Burela,  a quen nomeou un a un.  Dolores, Eugenia, Toñita, Orfelina, Mercedes,  Felisa, Lucas, Aidana, Enma e Amalia. «Cada un debuxou e regaláronos algo que non teñen, un cachiño da súa memoria. Hai que contar, narrar e sobre todo escoitar cuando a cabeza ten algo que dicir».
 
A exposición estará aberta ata o 7 de decembro, os fins de semana e festivos en horario de 10 a 22h.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAN Burela