FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFABER entrega os premios do concurso de fotografía sobre o alzhéimer

O pasado 26 de decembro, a Asociación de Familiares de Alzhéimer da comarca de Bergantiños (AFABER) levou a cabo a exposición das fotografías que participaron no concurso de fotografía sobre alzhéimer. 

07/01/2020 | Carballo

O pasado xoves 26 de decembro, a Asociación de Familiares de Alzhéimer da comarca de Bergantiños (AFABER) levou a cabo a exposición das fotografías que participaron no concurso de fotografía sobre o alzhéimer. 

No concurso participaron máis de quince persoas, atopando tanto aficionados como profesionais da fotografía. Cada un deles podía enviar ata un máximo de tres fotografías que reflexaran o alzhéimer en calquera dos seus aspectos. En total, recibíronse 38 fotografías que facían especial énfase en transmitir a vida diaria das persoas con enfermidade de alzhéimer, ademais de potenciar o papel da familia da persoa afectada pola enfermidade.

Ademais da exposición, tamén se realizou a entrega de premios aos tres gañadores do concurso. O primeiro premio (consistía nunha cámara instantánea, un álbum fotoportada e olería de Buño) foi para José Manuel Pérez Pena; o segundo (marco dixital, álbum fotoportada e olería de Buño) para Olga Rey Antelo e, finalmente, o terceiro (bolsa portacámara, trípode, álbum fotoportada e olería de Buño) foi para Adriana Queijo Vilariño.

Os galardóns foron entregados por Javier Fraga, que representaba a Interfilm Carballo, Jesús M. Villar Antelo, presidente de AFABER, e Maica Ures, concelleira de Servicios Sociais do Concello de Carballo. As fotografías do concurso, que foi posible grazas á colaboración e ao apoio financieiro de Mónica e Javier, representantes de Interfilm Carballo, recolleranse nuns calendarios que permitirán disfrutar delas durante o ano 2020.

A este evento asistiron tanto persoas interesadas en ver a exposición como representantes políticos de Terra Galega, BNG e PSOE do Concello de Carballo.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER