FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

O Breogán adicará o partido de mañá a AFALU

O equipo lucense busca desta forma axudar a visibilizar o alzhéimer. Durante o partido, haberá mesas de información co persoal de AFALU nas portas do estadio

09/01/2020 | Lugo

O partido que se celebrará mañá, 10 de xaneiro, entre o Leite Río Breogán e o CB Almansa estará adicado á Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer (AFALU). 

A asociación lucense, que leva traballando dezaoito anos na mellora da calidade de vida das persoas con alzhéimer e das súas familias, será a protagonista da acción social prevista para este primeiro partido do ano do Breogán na súa cidade. Deste xeito, durante o partido haberá mesas de información co persoal de Afalu nas portas do estadio deportivo. 

Esta actividade foi presentada onte na sede da Deputación de Lugo polo deputado de Deportes, Efrén Castro, o Director Xeral do equipo, Tito Díaz e a vicepresidenta de AFALU, Iria Franco. 

Tamén no día de mañá, AFALU levará a cabo un taller sobre envellecemento activo e prevención das demencias neurodexenerativas. O taller, que se celebrará no salón de actos da casa da cultura de A Pastoriza a partir das 16:30 horas, estará impartido pola traballadora social Maitane Fernández e a psicóloga Judit Gayoso. Non é necesaria inscripción previa e está dirixido a ciudadanía en xeral.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU