Axenda de Actividades
AFAGA organiza, un ano máis, a gala solidaria ‘Non te esquezas de rir’
Esta nova edición estará presentada por Oswaldo Digón e contará coa presenza de Pepo Suevos, Marcos Pereiro e Federico Pérez
15/01/2020 | Vigo
Un ano máis, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) organiza a gala benéfica de monólogos ‘Non te esquezas de rir’. Nesta ocasión, a cita terá lugar o domingo 9 de febrero no Auditorio do Teatro Afundación en Vigo, a partir das 19.00 horas.
Oswaldo Digón será o gran Mestre de cerimonias desta gran Gala, que contará tamén coa presencia de Pepo Suevos, Marcos Pereiro e Federico Pérez. Estos grande cómicos galegos amosan, desta forma, ser uns profesionais de excepción e moi solidarios: participan de forma totalmente desinteresada. As risas e o apoio ás persoas que sofren alzhéimer convírtense, polo tanto, nos dous piares básicos deste encontro.
Pola súa banda, Afundación tamén fai unha gran achega ó ceder a sala do auditorio a AFAGA para que o evento poida levarse a cabo.
As entradas desta cita custan 12 € e pódense adquirir tanto en ataquilla.com coma no Centro de Atención Integral de AFAGA (Martínez Garrido, 21. Interior).
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA