FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFAPO e Silleda renovan un ano máis o seu convenio para atender a pacentes de alzhéimer

O Programa de Atención Integral terá lugar por cuarto ano consecutivo e comezará en febreiro cuns talleres de estimulación cognitiva para persoas con demencia

20/01/2020 | Silleda

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO) renovou a pasada semana o convenio co Concello de Silleda por cuarto ano consecutivo. Deste xeito, poderán continuar co Programa de Atención Integral para personas con alzhéimer e as súas familias. 

A primeira actividade serán uns talleres de estimulación cognitiva para persoas con demencia e comezará no mes de febreiro. Ademais, tamén se celebrarán cursos para familiares e persoas coidadoras. 

Pola súa parte, o Concello de Silleda encargarase de realizar unha campaña informativa para tratar de chegar a un maior número de poboación.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO