FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFAL convidou aos escolares do CEIP Virxe do Mar de Narón a poñerse na pel dunha persoa con alzhéimer

Estudantes de 5º de Primaria participaron nas actividades propostas pola asociación nas instalacións educativas

21/01/2020 | Narón

O equipo de AFAL Ferrolterra desprazouse durante o día de onte ao CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón para achegar o alzhéimer aos estudantes do centro.

Na primeira parte desta visita, as traballadoras de AFAL impartiron unha charla informativa, acompañada por proxeccións e imaxes, ao alumnado de 5º curso de Educación Primaria.

Esta base informativa deu pé á participación dos pequenos no Circuíto de AFAL. Esta segunda actividade constou de cinco estacións onde se propoñen diferentes probas: tentar poñerse unha chaqueta con tres ou catro mangas, escribir sinxelos exercicios nun papel cunha luva de  boxeo,  encestar unha pelota nunha canastra coas mans atadas ou subir uns pequenos chanzos con zapatos de pallaso.

Grazas a estes exercicios, o alumnado puido facerse unha idea de como se senten as persoas con alzhéimer na súa vida diaria debido a perda de facultades.

A visita, que se inclúe no Programa de Sensibilización na Infancia que se leva a cabo nos centros educativos de Narón grazas á colaboración do Concello, calou moi positivamente nos estudantes.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra