FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFAL guiará unha xornada formativa para persoas coidadoras de familiares con demencia en Pontedeume

A sesión terá lugar o 28 de xaneiro de 16 a 19 horas no Centro de Maiores do municipio. A participación é gratuíta, pero é necesario inscribirse con anterioridade

27/01/2020 | Pontedeume

Mañá, martes 28 de xaneiro, AFAL Ferrolterra levará a cabo unha nova sesión do programa formativo Rede Paraugas Alzheimer 4.0 en Pontedeume. Esta xornada, que está dirixida ás persoas coidadoras de familiares con demencia, terá lugar no Centro de Maiores do municipio de 16 a 19 horas.

O programa en cuestión comeza cunha fase de formación na que se busca detectar as necesidades das familias para poñer en marcha os grupos de axuda mutua, titorizados sempre por un profesional de AFAL.

As necesidades dos grupos tamén se estudan a través de avalización, asesoramento e información sobre autocoidados, recursos sociais e estimulación no fogar, entre outros aspectos.

Posteriormente, e unha vez fortalecido o grupo de axuda mutua e coñecidas as necesidades dos participantes, realízase un acompañamento mensual do grupo.

O proxecto está impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia. Ademais, colaboran o Concello de Pontedeume e AFAL Ferrolterra, asociación encargada de guiar as sesións.

A participación é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente en AFAL (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol/981 37 06 92) ou na Concellería de Servizos Sociais de Pontedeume (981 43 30 54 extensión 3201).

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra