FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Dereitos de mobilidade para as persoas con alzhéimer

As persoas con discapcacidade e alteración de conducta, como é o caso das persoas con alzhéimer, poden realizar saídas puntuais a vía pública cun acompañente para preservar a súa saúde. Así o recolle a instrucción asinada polo Ministro de Sanidade o 20 de marzo e vinculada o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo

02/04/2020

O pasado 20 de marzo o Ministro de Sanidade, Salvador Illa, asinou unha instrucción vinculada o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, na que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación ás actividades permitidas e que afectan ao libre dereito de circulación das persoas.

A instrucción foi publicado no BOE número 76 do 20 de marzo onde se especifica o permiso expreso de saída á vía pública “a las personas con discapacidad, que tengan alteraciones conductuales, como por ejemplo personas con diagnóstico de espectro autista y conductas disruptivas, el cual se vea agravado por la situación de confinamiento derivada de la declaración del estado de alarma, y a un acompañante, a circular por las vías de uso público, siempre y cuando se respeten las medidas necesarias para evitar el contagio".

 

Na instrucción fai mención o Autismo como exemplo pero engloba a todas as persoas cunha discapacidade que presenten alteracións de conducta, como é o caso do alzhéimer.

Desde a Federación Alzhéimer Galicia vémonos na obriga de facer esta aclaración polas diversas situación que están vivindo moitas familias das nosas asociacións. E pedimos comprensión e respecto para as persoas con discapacidade e/ou alteracións na conducta que precisan realizar saídas terapéuticas co único fin de preservar a súa saúde.

As autoridades competentes son as encargadas de comprobar que se está respectando a situación de alarma dictada polo Goberno e de tomar as medidas oportunas se estas non se cumplen.

Arquivada en: