FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AGADEA Alzheimer crea unha rede de apoio para as familias dos seus centros

Ante a situación de alerta sanitaria que obrigou ao peche de todos os centros, AGADEA mantén o contacto coas familias ofrecendo atención psicolóxica e cubrindo todas as necesidade terapéutica das persoas usuarias

28/04/2020 | Santiago de Compostela

O illamento social e a corentena no domicilio son situacións estresantes para calquera, pero máis para persoas con demencia, que poden non entender a situación. Por este motivo AGADEA puxo en marcha unha rede de apoio as persoas usuarias e as súas familias.
 
Dende o primeiro momento AGADEA mantén o contacto telefónico e telemático con todas as familias, preocupándose polo seu benestar e ofrecéndolle actividades que lles permitan manter as rutinas, tendo en conta as súas características específicas de cada unha das persoas usuarias. Nalgunhas
ocasión e ante dificultades técnicas das familias, realizouse unha visita a súa
casa para entregar o material.
Entre os servizos ofrecedidos destaca: .
  • Seguimento telefónico por parte do persoal de forma coordinada.
  • Entrega de dossiers de material de estimulación cognitiva personalizados elaborados polo equipo técnico, a aquelas persoas usuarias cuxos familiares que así o soliciten. Este material entrégaselles por correo electrónico. Non obstante, aquelas familias que non dispoñan de acceso a TICs, faise a entrega a domicilio por parte do persoal da asociación.
  • Apoio psicolóxico a aquelas familias que o soliciten ou que se valoran como susceptibles do servizo mediante a realización das chamadas de seguimento.
  • Apoio social a aquelas familias que o solicitan para a coordinación con servizos sociais municipais e coa traballadora social do centro de saúde.
Para acceder a estes servizos teñen que poñerse en contacto a través do teléfono 647 589 725 ou no email agadea@agadea.org

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA