FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AGADEA reactiva os centros de día e os servizos de estimulación terapéutica de Santiago, A Estrada y Ribeira

Comezaron esta nova etapa o pasado 20 de xullo, e seguen traballando para abrir os centros de Boiro, Teo e Vedra

22/07/2020 | Santiago

O pasado 20 de xullo, AGADEA reabriu os seus centros de día de Salgueiriños-Santiago, A Estrada e Ribeira, ademais de activar os servizos de Estimulación Terapéutica nestas dúas últimas localidades e no Ensanche (Santiago).

Esta reapertura chega catro meses despois de que a crise sanitaria mundial da COVID19 obrigase a cerrar as portas para evitar calquera tipo de contaxio. A pesares de non poder levar a cabo as actividades habituais, durante este tempo as persoas profesionais da entidade seguiron en contacto coas familias (a través de teléfono, correo electrónico e incluso visitas a domicilios cando así se precisaba).

Durante o último mes comezou a recuperación cara a normalidade xa que, co permiso da Xunta de Galicia, se realizaron servizos a domicilio e atención individualizada nos centros. Agora, abren os centros e os servizos cumprindo todos os requisitos marcados polas autoridades sanitarias: realización de cursos de adaptación á nova realidade, elaboración dun protocolo de actuación adaptada a cada un dos centros e posesión dos EPIS imprescindibles para levar a cabo as funcións con total seguridade (tanto para as traballadoras como para as persoas usuarias e as súas familias). Os centros de Salgueiriños-Santiago, A Estrada e Ribeira permanecerán, entón, aberto durante o verán, mentras seguen traballando para poder levar a cabo a reapertura de Boiro, Teo e Vedra.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA