FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Agadea suma máis de 150 quilómetros na Andaina Virtual ‘Os Camiños da Memoria’

Esta iniciativa xurdiu pola imposibilidade de realizar unha andaina debido as restriccións pola situación sanitaria ocasionada polo Covid-19

 

03/09/2020 | Santiago

Durante o mes de agosto, Agadea levou a cabo a Andaina Virtual ‘Os Camiños da Memoria’, a través da cal invitaron as súas persoas usuarias, familias e seguidores a percorrer unha distancia adaptada ás posibilidades de cada persoa e compartilo en redes sociales. Superouse con éxito o reto de sumar quilómetros polo alzhéimer, alcanzando os 154,79 percorridos.

En total, participaron máis de 40 persoas, entre as que se atopan familias con bebés, grupos de amigos/as, usuarias do Centro de Día e membros do Clube Sachacamiños, entre outros. Cada un deles enviou unha fotografía co seu nome e os quilómetros da súa ruta: houbo persoas que percorreron uns metros e outras que realizaron 15 quilómetros, pero todos os esforzos sumaron nestes #QuilómetrosPoloAlzhéimer.

O 21 de agosto, Agadea publicou nas súas redes sociais un vídeo no que se recollen todas estas imaxes. Ademáis, entregouselle un Dorsal Solidario aos que o solicitaron e abriuse unha conta para doazóns.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA