FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFACO comeza a recuperar a normalidade coa apertura de tres dos seus centros

A reapertura chega despois duns meses nos que a activide se viu paralizada pola pandemia da Covid-19

29/09/2020 | A Coruña

O próximo xoves 1 de outubro AFACO reabre os seus centros de Salvador, Petunias e San Diego en modalidade de Centro de Día e Centro Terapéutico

O pasado mes de marzo, tras a crise da Covid-19, todos os centros pertencentes a AFACO pecharon as súas portas seguindo as restricións impostas polo Estado de Alarma. En agosto, cando a situación se estabilizou un pouco, volveron a abrir, pero esta volta a nova normalidade non durou demasiado, debido a situación sanitaria na comarca de A Coruña.

Esta situación afectou tanto ás persoas usuarias, as cales deixaron de súpeto a rutina de acudir cada día aos centros, como ás persoas coidadoras, que viron aumentada a súa carga e se atoparon na obriga de restruturar a súa vida para atender ó seu familiar.

Por este motivo, a noticia da reapertura supón un alivio e unha alegría para as familias e as persoas con demencia usuarias de AFACO e esperan que esta nova normalidade non se volva a interromper. Segundo Elisa Catoira, directora de estrutura de AFACO, esta reapertura é fundamental para que o deterioro da enfermidade non siga avanzando tan rapidamente, indicando que “as terapias non farmacolóxicas son igual de importantes que as farmacolóxicas para retardar o avance do alzhéimer”.

Os centros de Petunias e Salvador abrirán en modalidade de Centro de Día cun horario  de 9:00 a 17:00h e de 10:00-18:00h respectivamente, mentres que o Centro Terapéutico de San Diego o fará no horario habitual de 10:00- 14:00h  e de 16:00-20h.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFACO